Galiciadixital recibiu xa 270 visitas en Teo

venres, 18 de setembro do 2009 Redacción

Os asistentes á exposición poderán interactuar co canciño AxóuxereA exposición itinerante Galiciadixital posta en marcha pola Secretaría Xeral de Medios, foi visitada ata o momento en Teo por duascentas setenta persoas que puideron participaron dunha nova experiencia interactiva. A exposición, que foi inaugurada o pasado martes na Casa Común de Rarís, permanecerá aberta ata o domingo e poderá visitarse de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. A mostra comeza así, no municipio de Teo, unha nova tempada con saídas por toda a comunidade autónoma para o goce de nenos e maiores.
Galiciadixital é unha innovadora exposición interactiva baseada en producións virtuais e multimedia de primeira liña realizadas en Galicia e na que veñen traballando máis de 100 persoas, empresas do eido audiovisual e as universidades galegas, que lle dan un carácter dinámico de investigación e experimentación de novas tecnoloxías no audiovisual. Os contidos da exposición, que se renovan e amplían constantemente, foron deseñados por empresas e entidades públicas de Galicia, e, polo tanto, a exposición convértese nun escaparate das creacións galegas máis avanzadas.
As novas tecnoloxías introducen ao visitante nunha atmosfera especial que amosa unha Galicia diferente, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que o envolven e que lle permiten

PUBLICIDADE