GOG ofrece de balde o primeiro xogo de The Witcher
luns, 23 de abril do 2018
A saga de The Witcher
leva máis dunha década como un referente do seu xénero, pero moitos xogadores
limitáronse ás súas últimas entregas, polo que poden considerar a última
promoción de GOG como unha boa oportunidade de explorar as raizames desta
franquÃa, xa que a tenda en liña con material libre de protección anti-copia
decidiu premiar aos que se
subscriban ao seu boletÃn por correo electrónico e que tamén instalen o xogo de naipes de
balde Gwent (baseado nos xogos de
The Witcher) cunha copia de The Witcher: Enhanced Edition.
Temos asà un método sinxelo de facernos cunha copia da versión mellorada do
primeiro xogo de The Witcher para PC
e Mac, que é un dos xogos de rol de acción e fantasÃa máis influentes dos
últimos anos, e que supuxo un impresionante achegamento ao universo literario
de Andrzej Sapkowski (creador das aventuras de Geralt de Rivia). A secuela
deste xogo tamén contou cunha versión
mellorada para ordenadores persoais, conseguindo elevar aÃnda máis o listón co The Witcher 3: Wild
Hunt, xogo de 2015 que pechou a triloxÃa, parecendo moi improbable que
volvamos ter novas entregas en breve, xa que CD Projekt Red está moi
involucrada na súa vindeira produción, o xogo Cyberpunk 2017, que semella ser aÃnda máis ambicioso que as
distintas entregas de The Witcher.