GOG.com comeza a vender xogos clásicos para OS X

luns, 22 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Os afeccionados aos videoxogos que gustan dos títulos clásicos teñen habitualmente problemas para conseguir vellos xogos para gozar dos mesmos no seu ordenador, especialmente se este é un Mac, de aí que o servizo de distribución dixital GOG.com (antes coñecido como Good Old Games ou Vellos Xogos Bos) vén de estar unha sección con xogos para OS X con máis de 50 títulos entre os que figura o magnífico Syndicate, a serie Ultima, os xogos da saga Wing Commander ou os clásicos Simcity 2000, Crusader: No Remorse ou Theme Hospital, sen esquecer lanzamentos recentes como Botanicula ou The Witcher 2: Assassins of Kings.
Para celebrar estas estreas no catálogo de GOG.com algúns xogos (Simcity 2000, Theme Hospital, Crusader: No Remorse, Little Big Adventure, Postale Deponia 2) teñen descontos de ata o 50% ata o vindeiro día 25.

Os xogos adquiridos a través de GOG.com poden instalarse de xeito doado baixo OS X


Vídeo de presentación da chegada de GOG.com a Mac

PUBLICIDADE