GHANDALF informou sobre licenzas libres a arredor de 30 rapaces de Negreira
xoves, 2 de decembro do 2010
O software libre non só é unha opción de uso,
senón tamén unha opción profesional e de negocio presente e futura. Facer fincapé
nestas e outras cuestións foi o gran obxectivo da xornada de divulgación que
organizou recentemente a Asociación GHANDALF no IES Xulián Magariños
de Negreira. O encontro, titulado Software
Libre e Licenciamento, convocouse co obxectivo de amosarlles aos estudantes
de informática (e profesionais das TIC o dÃa de mañá) unha visión xeral e certeira
do licenciamento, facendo especial fincapé nas súas ligazóns co software libre
e no potencial que lle achega a un deseñador de programas informáticos abertos.
Segundo informan GHANDALF e Mancomún,
o evento contou coa participación de arredor de 30 mozas e mozos dos ciclos
superiores de informática do cinto centro, que ao fin da xornada puideron
resolver dúbidas acerca do futuro laboral que subministra o modelo de software
libre, un modelo menos gravoso para o usuario de a pé e que lles permite a
deseñadores e internautas moita máis marxe de manobra. Ou sexa: un menor pago
de licenzas e meirande capacidade de adaptación ás necesidades de cada quen,
entre outras vantaxes.
Segundo conta GHANDALF, forneceuse aos
asistentes de documentación dixital sobre a temática en cuestión, a
maiores de varias ferramentas e sistemas operativos libres.
GHANDALF pon a disposición de
calquera a presentación empregada na Xornada a través da sección de documentación da
súa web, nas seguintes ligazóns directas:
· Software libre e
licenciamento (en PDF).
· Software libre e
licenciamento (en ODP).
Esta actividade forma parte das
actividades que a asociación desenvolve ao abeiro do Convenio de
colaboración asinado polas AGUSL coa
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico
de Galicia e incluÃdas no plan de acción FLOSS 2010
da Xunta de Galicia.