Fusión entre Activision e Vivendi Games (Blizzard)

luns, 3 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Activision e Vivendi Games (empresa á que pertence Blizzard Entertainment) protagonizan unha importante fusión que rematará a mediados de 2008 para formar un xigante dos videoxogos valorado nuns 18.800 millóns de dólares.
A nova empresa estará dirixida por Bobby Kotick, actual director executivo de Activision, e Vivendi será o máximo accionista deste grupo que conta con éxitos coma Call of Duty, World of Warcraft, Tony Hawk, Crash Bandicoot, Spyro, StarCraft ou Guitar Hero.
A operación económica non afectaría nun primeiro momento ás distintas marcas nin xogos, de xeito que semella que a única consecuencia da fusión será que sumarán resultados, de xeito que Activision Blizzard pecharía o presente exercicio cuns ingresos duns 3.800 millóns de dólares.

PUBLICIDADE