Fujifilm presenta en Santiago unha nova Reflex de máis de 12 millóns de píxeles efectivos

mércores, 14 de febreiro do 2007

Fujifilm presentou en Santiago de Compostela a nova cámara Reflex Dixital profesional Finepix S5 pro, que mellora amplamente as características e prestacións da súa curmá (a antiga) S3 Pro. Con tecnoloxía de dobre píxel que lle permite ofrecer 12,35 millóns de píxeles efectivos, función Fujifilm de Detección de Rostros, un procesador Real Photo para e unha alta sensibilidade de 3200 ISO, esta cámara permite (segundo informou a casa fabricante) acadar imaxes de gran calidade tanto en traballos en exteriores coma en fotografía comercial.

PUBLICIDADE