Fomento lembra que os vehículos particulares non poden operar como taxis sen licenza

luns, 9 de xuño do 2014 Marcus Fernández

As plataformas para compartir coche baseadas na web ou en aplicacións móbiles están a gañar moito peso ultimamente, até o punto de que Uber vén de recibir unha valoración de 18.200 millóns de dólares na súa nova ronda de financiamento (na que captaron 1.200 millóns de dólares), o que levou aos profesionais do sector do transporte a amosar o seu malestar en moitos países, ao que en España vén de responder o Ministerio de Fomento lembrando a Lei de Ordenamento dos Transportes Terrestres (LOTT) que esixe que as persoas e empresas que realicen transportes de viaxeiros por conta allea en vehículos de turismo mediante retribución económica deberán recibir autorización da Administración.
Dende o Ministerio incluso apuntan a que van tomar medidas sobre o asunto, xa que este tipos de servizo precisan de que a Administración comprobe previamente que reúnen unhas condicións de seguridade e calidade axeitadas, para o que coordínanse coas Comunidades Autónomas para realizar as inspeccións oportunas e aplicar as sancións correspondente, á vez que trasladas as inspeccións a outros departamentos (como Emprego e a Axencia Tributaria) ante os posibles incumprimentos que poidan xerar certas actividades.

Travis Kalanick deu conta do éxito de Uber na pasada edición da Code Conference</A>

As persoas ou empresas que presten servizos de transporte en vehículos de turismo sen autorización incorrerían nunha infracción moi grave, sancionable con multas de entre 4.001 e 6.000 euros (que poderían chegar aos 18.000 euros por reincidencia), sancións que se aplicarían aínda que o servizo o prestasen a través doutras persoas; a contratación dos servizos de transportistas non autorizados tamén suporían unha infracción grave sancionable con multas de entre 401 e 600 euros; e a simple oferta destes servizos sen autorización tamén sería unha infracción grave sancionable cunha multa de entre 801 e 1.000 euros.
Queda agora por ver como reaccionarán dende compañías como a francesa
BlaBlaCar, que ten xa unha boa implantación en España, e que conta con máis de 8 millóns de usuarios repartidos en 12 países, e que parece que non se vería afectada pola advertencia do Ministerio.

As plataformas como Uber ou BlaBlaCar facilitan o uso de turismos de terceiros para aforrar en transporte

PUBLICIDADE