Flocos.tv nace como a fiestra á Internet do audiovisual galego
martes, 9 de decembro do 2008
Onte comezaron as
emisións en proba do cineclub da Axencia Audiovisual Galega, Flocos.tv,
que nace coa ilusión de converterse
na pantalla da produción da industria audiovisual galega na que convivan
tanto a Industria coma os creadores individuais.
Flocos.tv é unha canle de vÃdeo para a difusión de producións galegas repartidas
nas categorÃas de ficción, animación, documental, experimental e ciclos, que pódense
ver en calidades normal, alta e HD (esta última non dispoñible na meirande
parte das pezas) e tamén é posible incrustar os clips en webs e blogs, cunha
aposta pola Web 2.0 que permite espallar o noso audiovisual por toda a Rede de
xeito natural, grazas aos traballo de A Navalla
SuÃza (tamén detrás de proxectos de éxito coma Quin.tv).
Preténdese que Flocos.tv conte cunha estrea diaria e, cada 15 dÃas, un ciclo en
base a un criterio especÃfico de programación, ocupando asà un lugar destacado
nas labores de promoción dos produtos audiovisuais galegos.