Final Fantasy VII Rebirth chega a PS5

xoves, 29 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

Tras Final Fantasy VII Remake son moitos os xogadores que quedaron pendentes da súa secuela, Final Fantasy VII Rebirth, que hoxe chega a PlayStation 5 acompañado por un grande éxito de crítica (en España recibiu un 10 de Vandal e un 9,7 de Meristation, mentres que no Xapón a revista Famitsu outorgoulle unha valoración de 38 sobre 40).
En Final Fantasy VII Rebirth meterémonos na pel do mercenario Cloud Strife e dos seus compañeiros, que perseguen ao lendario guerreiro Sefirot, unha figura do pasado de Cloud que pretende dominar o planeta, por un fascinante mundo enorme e cheo de perigos, aventuras, ledicias e dúbidas.
Estes insólitos heroes, entre os que se atopan os inesquecibles personaxes de Tifa, Barret, Aeris e Red XIII, unen as súas forzas ás de novos compañeiros, como a enérxica ninja Yuffie e o bromista robot felino Cait Sith. Final Fantasy VII Rebirth ofrécenos unha experiencia inesquecible chea de viraxes sorprendentes, personaxes memorables e escenarios que deleitarán e deixarán abraiados a afeccionados de sempre e aos recentemente chegados por igual.

Tráiler de lanzamento do xogo

PUBLICIDADE