Filtran parte do código de Facebook

luns, 13 de agosto do 2007

Un fallo de seguridade en Facebook permitiu que se filtrase o código fonte da súa paxina principal e se publicase nun blog, o que supón pequena filtración de código que non debería supor ningunha ameaza de seguridade, posto que o fragmento publicado corresponden á interface de usuario do sistema e non ó seu funcionamento interno, aínda que dende Facebook advirten que a difusión destas liñas de código supoñen varias infraccións legais.
A filtración de código podería servir para un mellor coñecemento (para ben ou para mal) de tal plataforma, pero á empresa suponlle unha perda de confianza por parte dos seus usuarios (que poderían por en dúbida a seguridade da súa privacidade).

PUBLICIDADE