Filmax aposta polo uso de novas tecnoloxías de filmación con Meudron

mércores, 29 de xuño do 2016 Redacción

A compañía Meudron, nacida ao abeiro do Grupo Filmax, vén de anunciar a apertura de horizontes apostando polas últimas tecnoloxías, neste caso os drons. Meudron estréase en 2000 e ten a súa sede en Galicia, achega servizos e solucións a empresas, administracións e persoas que precisen a tecnoloxía dos drons. Atendendo á área da innovación, e empregando as últimas tecnoloxías dispoñíbeis no mercado, ofrece aos seus clientes solucións personalizadas para dar resposta a necesidades específicas.
Meudron conta con equipos de control de última xeración e dos coñecementos necesarios para axeitalos aos seus requirimentos ou atopar o máis axeitado para a súa aplicación.
En que áreas se centra esta compañía? Pois Meudron está presente en: tráfico, emerxencias e salvamento; agricultura, gandería e acuicultura; formación; infraestruturas e obra civil; topografía e termografía; vixilancia e peritaxe; streaming/3D; audiovisual; arquitectura e patrimonio.
Meudron forma parte da equipa de firmas de Filmax que desenvolven o seu labor dende a nosa terra, por exemplo Producións A Fonsagrada ou Bren, esta última centrada en boa medida na creación de realidades virtuais e deseños en 3D. A nova división do grupo ten a súa sede en Área Central (Santiago).

PUBLICIDADE