Facebook podería saír ao mercado bolsista en breve

mércores, 25 de novembro do 2009

Pese a que dende Facebook declaren o contrario, o feito de que a compañía fundada por Mark Zuckerberg veña de cambiar a súa estrutura accionarial creando un tipo de participación con maior poder de voto para axudar a que «a compañía poida continuar a enforcarse no longo prazo para construír un grande negocio», os rumores dunha saída inminente ao mercado bolsista cobran moita forza, pois compañías coma Google fixeron exactamente o mesmo antes de saltar ao parqué.

PUBLICIDADE