FX Interactive lanza a cuarta edición do xogo de rescate, Emergency
venres, 27 de febreiro do 2009
“Cando golpea o desastre, o teu obxectivo é salvar vidas”...
con estas duras verbas comeza a promoción
do último xogo de FX Interactive, o Emergency
4, o primeiro xogo de estratexia en tempo real que lle permite ao xogador
dirixir as forzas de intervención de emerxencia para actuar en situacións de máximo
risco.
Terremotos, incendios,
secuestros de avións... e ata 20 misións distintas máis poñerán a proba o
tempero dos xogadores, cuxo éxito dependerá exclusivamente do atinado das
decisións que tome.
Este xogo de estratexia para PC
permítelle aos usuarios despregar tódolos recursos ao seu alcance, tales como,
bombeiros, médicos, cans adestrados, mergulladores, xeos, tédax, negociadores…
así como vehículos de bombeiros, lanchas de salvamento, helicópteros de
rescate, UVI móbiles ou buques anti-incendio.
Para chegar a bo porto e salvar á
humanidade de cada perigo que a asexe, os xogadores deberán, entre outras
cousas, retirar aos curiosos para que non resulten feridos, entrar en edificios
para rescatar supervivintes, interrogar aos testemuñas e poñer a salvo ás
persoas vítimas de incendios, inundacións e incluso tsunamis.
Emergency 4 preséntase
con novos retos: catástrofes humanitarias, misións en zona de guerra, “mega-terremotos”… e unha longa listaxe
de sucesos con esceas dobradas por actores do “máximo prestixio” para a versión española.
O xogo permite, asemade,
participar en misións con outros xogadores de todo o mundo e escalar posicións
na taboa de clasificación xeral.