FON asóciase con BT no Reino Unido

venres, 5 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A operadora British Telecom chegou a un acordo coa empresa española FON para permitir ós seus 3 millóns de clientes de banda larga o acceso á rede Wi-Fi promovida pola empresa de Martín Varsavsky, quen dende o seu blog incide no feito de que os acordos coa operadora foron moi áxiles, e lembra que BT é unha das empresas investidoras en FON.
A nova Comunidade BT FON permitirá ós usuarios de BT sumarse á actual rede con máis de 190.000 puntos de acceso en todo o mundo, dende os que se poderán conectar á Internet de balde. Ademais, os usuarios de BT Total Broadband tamén poderán acceder ós puntos de acceso Wi-Fi Openzone do proxecto BT 12 Wireless Cities (iniciado en 2006).
Varsavsky falaba así no seu blog sobre este importante paso para a rede Wi-Fi máis grande do mundo:

PUBLICIDADE