FEUGA trae a Santiago a David Bonilla, impulsor de La Bonilista e a axencia Manfred

xoves, 10 de marzo do 2022 S. P.

O mércores 30 de marzo celebrarase ás 18.00 horas o segundo relatorio do ciclo Galegos de Alto Impacto, organizado por FEUGA e StartUp Galicia. Desta volta o encargado de pór o foco nos retos da comunidade emprendedora será David Bonilla, referente no emprendemento dixital e creador, entre outros proxectos, do boletín semanal La Bonilista, centrado en tecnoloxía, e da axencia de recrutamento de perfís TIC, Manfred.
David Bonilla, tamén mentor no Campus de Google e profesor no Instituto de Empresa, centrará a súa charla na importación e exportación de talento tecnolóxico, reto que xa enfronta desde a súa empresa, Manfred, na actualidade. A sesión estará conducida por Jaime Novoa, xestor de investimentos en KFUND e membro da asociación StartUp Galicia.
A cita (presencial) será o mércores 30 no salón de actos de FEUGA, no Campus Vida da USC. Haberá aforamento limitado de 110 prazas. As reservas xa se poden facer en liña.
Startup Galicia é unha comunidade aberta que promove e apoia o emprendemento en Galicia. FEUGA, a Fundación Empresa Universidade Galega, aposta por unha colaboración estreita entre as dúas entidades para estimular e inspirar ás novas xeracións de emprendedores de Galicia a través de actividades e encontros ao longo dos próximos meses.

PUBLICIDADE