Éxito de vendas inicial de Red Dead Redemption

luns, 31 de maio do 2010 Marcus Fernández

O xogo Red Dead Redemption leva pouco máis dunha semana nas tendas e non só a crítica o sitúa coma un dos xogos do ano, senón que o público parece estar a convalidar este éxito de Rockstar, que aínda que polo momento non teña cifras oficiais de vendas, estiman que só no Reino Unido xerou máis de 10 millóns de libras esterlinas (11,79 millóns de euros) nos seus primeiros 2 días á venda, pese a que tivo problemas de abastecemento.
O máis rechamante deste bo inicio de Red Dead Redemption é que estamos ante unha franquía practicamente nova (pode considerarse un sucesor espiritual de Red Dead Revolver, pero na realmente é un título totalmente diferente), pero que demostra que todo o aprendido en Grand Theft Auto IV serve para facer un xogo excelente que pese a ser dun xénero tan pasado de moda coma o western, é capaz de captar a un numeroso público afeccionado aos xogos tipo sandbox, dos que claramente é o mellor título comercializado ata o momento.

PUBLICIDADE