Estréase en Santiago unha curta de terror rodada nas instalacións do Hospital vello de Galeras

venres, 14 de decembro do 2007 Raquel Noya

O vindeiro 21 de decembro ás 20:30 horas, o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC vai acoller a estrea en primicia da curtametraxe O Hospital, gravada baixo duras condicións no antigo Hospital Xeral de Galicia en Santiago de Compostela na rúa Galeras (até hai pouco abandonado e agora en fase de rehabilitación).
O Hospital, que foi rodada integramente en galego, narra a historia de catro atracadores que se ven rodeados de fenómenos paranormais nun ambiente visual terrorífico que “deixará ós espectadores cos ollos e a boca abertos”.

A curta, que foi dirixida por Iván Seoane, contou coa colaboración dalgúns actores galegos como Antonio Mourelos, Monti Castiñeiras, Antonio Durán Morris e Jose Barato, así como con un dos grandes técnicos cinematográficos da nosa terra, Enrique Banet.

PUBLICIDADE