España ten o 2º ADSL máis caro da Zona Euro

venres, 10 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A Asociación de Internautas publicou hoxe a II Comparativa do custe do ADSL na Unión Europa, tras comparar ofertas velocidades e prezos que ofrecen 27 operadores dominantes, utilizando os valores estimados para 2008 da paridade de poder adquisitivo per cápita reflectindo un avance interanual, pero situándonos de todos os xeitos coma o 2º ADSL máis caro da Zona Euro e o 3º da Unión Europea.
En termos absolutos (euros/mes) hai que destacar que o prezo subiu o 2,24%, de xeito que o ADSL de Telefónica pasa de ser o 5º máis caro ao 3º, mentres que a media europea marcou uns prezos en lixeiro descenso. Só Irlanda (cunha velocidade un 17% superior á española) e Estonia paga máis polo acceso a través de ADSL que España.
A leve melloría da que falamos parte de analizar os datos en relación á riqueza media, pasando do 4º posto ao 5º, o que cambia pouco a situación.
A nivel europeo a media do prezo do ADSL é de 31,48 euros, mentres que en España sería de 47,44 euros, pero non quedamos só mal parados en prezo, senón que se miramos as velocidades, Telefónica tamén sería o 5º operador dominante en velocidade da Zona Euro.
Con estes datos na man, dende a Asociación de Internautas piden a creación de marcos normativos que promovan a competencia en redes e aseguren o servizo universal.

PUBLICIDADE