Eric Schmidt deixa o consello de administración de Apple

luns, 3 de agosto do 2009

Apple anunciou que Eric Schmidt, xerente de Google, deixou o consello de administración de Apple por un conflito de intereses provocado polo salto de Google a eidos nos que está presente a compañía de Cupertino coma os navegadores web e os sistemas operativos móbiles (Android e Chrome OS entrarían e colisión directa co Mac OS).
Schmidt levaba 3 anos en Apple, e a súa dimisión podería ser unha medida defensiva fronte a unha investigación anti-monopolio que involucra a Apple e Google.

PUBLICIDADE