Entregan en Compostela os premios Enreguéifate
mércores, 2 de maio do 2018
Máis
dun milleiro de escolares de toda Galicia asistiron
esta mañá no Auditorio á Regueifesta, o encontro arredor da improvisación
oral en verso. Alba MarÃa, Josinho da Teixeira, Séchu Sende e Manolo Maseda
participaron no evento, ao que foi convidado alumnado de Euskadi e de Cataluña.
Ademais, no marco da Regueifesta entregáronse os premios da II edición do
certame Enreguéifate.
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o secretario xeral de PolÃtica
LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa; e a concelleira de Normalización LingüÃstica de
Ames, Isabel Vaquero, asistiron tamén á Regueifesta. O rexedor
compostelán mostrouse «orgulloso polo éxito do programa Enreguéifate, pola alta participación, pola mostra de boa colaboración
institucional entre catro concellos, e porque a capital do paÃs canaliza a
recuperación da tradición da regueifa». En canto á Regueifesta, Martiño Noriega valorou «moi positivamente o feito de que
hoxe se xunten aquà distintas culturas: a regueifa galega, o bertsolarismo
vasco e a glosa catalá».
Ao evento desta mañá acudiron estudantes de Primaria e de
Secundaria chegados de diversos puntos de Galicia, como Compostela, Teo, Ames,
Padrón, Pobra de Trives, Viveiro, Cambre, Carballo, Rianxo, Boiro,Vimianzo,
Lugo, Pontevedra, Burela, Baio, ou Vila de Cruces. Ademais, serviu tamén de
encontro interxeracional ao compartir espazo coas persoas gañadoras do certame
Enreguéifate, no que participaron dende nenos e nenas até persoas maiores.
Durante preto de dúas horas, e co apoio de diversas
proxeccións audiovisuais, fÃxose un percorrido pola xeografÃa galega a través
dos diferentes xeitos de improvisar (regueifas, brindos, bombas, xenerais da
Ulla) para saltar despois ao bertso de Euskadi e á glosa de Catalunya da man de
alumnado destes dous lugares que se atopa estes dÃas en Galicia. Nenas, nenos,
mozas e mozos da nova xeración galega de repentismo foron as encargadas de
encher o escenario de versos improvisados, ademais de contar con música en
directo a cargo de rapazada de varios dos centros educativos asistentes. Sumado
a isto, estableceuse unha conexión entre o repente tradicional e outras formas
de improvisación máis modernas, contando cun número centrado no freestyle.
Premios Enreguéifate
No marco da Regueifesta, hoxe entregáronse os premios Enreguéifate,
que promoven os concellos de Santiago, Ames, Teo e Carballo.
Na categorÃa xeral, a regueifa máis brava foi para As
Pataqueiras, de Coristanco, por un vÃdeo titulado A batalla interxeracional. A regueifa máis aguda outorgouse de xeito compartido entre
Os Conxugadores, do barrio compostelán de Conxo, por O regueibaile, e Elektrofadas, de Vigo, por Regueifa de maiores contra pequenas. En canto á
regueifa máis diversa, o galardón foi para Inter.regueifam, de Viveiro, por O ensaio; a máis reivindicativa levouna a Chavalada da Pontragham, de
Tordoia, por Re-enregueifándonos
na Pontragha; e a mellor
cantada foi para Entre Nós, de Malpica, por Regueifa
das Xeracións. Por último, a regueifa mellor falada na categorÃa xeral foi
a das Regueifeiras da Ameixenda, de Ames, por Regueifa
das amigas.
Na categorÃa escolar, a máis concorrida, a regueifa máis
brava foi para o do CPI Poeta UxÃo Novoneyra, de Pedrafita do Cebreiro, por Regueifa do Cole Rural; a máis aguda para o CEIP Gonzalo Torrente Ballester, de
Cambre, por Persoeiros
regueifeiros; a máis diversa
para o CEE Manuel López Navalón, de Santiago, por Emoticonas, sistemas alternativos de comunicación; a máis
reivindicativa outorgouse de xeito compartido para o IES Plurilingüe de Ames,
por Regueistyle e o CEIP Ana
MarÃa Diéguez (Asados-Rianxo), por A
regueifa do pucho do monte; a mellor cantada foi para o IES Perdouro (Burela), por Patacas Bravas; e a mellor falada para o IES Nº1 do Carballiño, por Regueifa da papatoria.
Ademais, o xurado decidiu concederlle un recoñecemento
especial a dous alumnos do IES A Cachada de Boiro, Lois Cespón e Brais Yáñez,
pola orixinalidade e calidade da súa proposta Caladas
de tempo baldeiro, na que trasladaron a arte da improvisación oral en verso ao freestyle.