Energizer lanza kits de pilas recargables para os mandos das consolas de videoxogos

mércores, 17 de setembro do 2008

O fabricante de pilas Energizer, consciente do uso de baterías recargables por parte dos mandos sen fíos das consolas de videoxogos anunciou que vai vender kits de cargador e pilas baixo o nome Energizer Power & Play, que custarán 39,99 dólares no paquete destinado á Nintendo Wii e 29,99 dólares nos modelos para Xbox 360 e PS3 (para os que tamén se poden adquirir cables de carga por 12,99 e 9,99 dólares respectivamente).
Estes kits de pilas para os mandos das consolas chegarán ás tendas no presente mes.

PUBLICIDADE