En outubro daranse a coñecer detalles técnicos de Windows 7

luns, 18 de agosto do 2008

Aínda que faltan bastantes meses para que o sucesor de Windows Vista chegue ao mercado, Microsoft decidiu abrir un blog para ir recollendo as informacións que vaian xurdindo sobre o futuro Windows 7, o que lles servirá tamén para recibir comentarios dos usuarios, creando así o diálogo necesario para que o sistema operativo sexa o máis satisfactorio posible.
Ademais, Microsoft tamén anunciou que na Professional Developers Conference que terá lugar o vindeiro 27 de outubro e no WinHEC darán información técnica en profundidade, para que os desenvolvedores de software para Windows se vaian preparando para o futuro.

PUBLICIDADE