En marcha a segunda fase do programa NEW

xoves, 22 de maio do 2008 Raquel Noya

O programa NEW(Ningunha Empresa sen Web) promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través da entidade pública Red.es, vén de iniciar unha segunda fase de complementación da primeira coa realización de Polígonos en Rede, unhas xornadas de divulgación TIC e networking dirixidas aos responsables de pequenas e medianas empresas e ós proveedores tecnolóxicos.
Esta segunda volta do programa NEW tén como principal obxectivo incrementar o número de PEMES españolas con presenza en Internet así como afondar a devandita presenza por medio do comercio electrónico e a visibilidade doutros sitios web.
A partires do vindeiro mes de setembro de 2008, o programa NEW contemplará unha serie de actuacións, entre as que destacan:
- Difundir e asesorar sobre o Programa NEW.
- Asesorar ós empresarios (a través dunha liña telefónica) das vantaxes que supón a presenza dunha web propia na Rede.
- Asinar acordos de colaboración con Axentes do sector TIC que actuarán como colaboradores do Programa NEW 2008, ofrecéndolle ós novos clientes os seus servizos de presenza en Internet adaptados ás súas necesidades.

Colaboración co sector privado
Un ano máis, Red.es establecerá convenios de colaboración cos axentes do sector TIC para que oferten solucións web competitivas en algún dos campos que máis lles interesan ós empresarios: paquete web básico, tenda virtual, paquete web ampliado (con funcionalidades superiores ó paquete básico), publicidade en Internet e asesoramento sobre accesibilidade, seguridade e comprimento da normativa vixente.
Para iso, Red.es seleccionará unha serie de colaboradores de carácter nacional e de carácter autonómico. O prazo para presentar solicitudes de adhesión finalizará o vindeiro 7 de xuño de 2008 e as bases do concurso están dispoñibles nesta ligazón.

PUBLICIDADE