En 2008 sairá á venda o videoxogo LEGO Indiana Jones

luns, 30 de xullo do 2007 Marcus Fernández

A Convención sobre Comics de San Diego serviu para dar a coñecer que a saga de Indiana Jones seguirá os pasos de Star Wars, polo que, como anuncian no trailer que presentaron durante o evento norteamericano, “o vindeiro ano a lenda farase LEGO”, ou sexa, que Indiana Jones terá un novo videoxogo para PS3, Xbox 360 e Nintendo Wii no que os personaxes se caracterizarán coma figuras de LEGO.

Portada provisoria do novo videoxogo

Confirman que o xogo correrá das mans dos mesmos autores dos 2 xogos LEGO inspirados en Star Wars, semellando especialmente a última entrega, polo que poderemos repasar a triloxía orixinal do Dr. Jones no novo xogo o mesmo ano no que volve ó cine coa súa cuarta entrega.
O trailer do xogo promete moito humor e diversión:

PUBLICIDADE