empresas
Vitae achega unha xornada gratuíta na Cidade das TIC sobre a IA Xenerativa
Vitae Consultores, consultora tecnolóxica da nosa terra centrada en achegar formación avanzada sobre as máis disruptivas tecnoloxías de uso empresarial e profesional, vai organizar este mes de marzo un evento formativo e gratuíto que pon o foco nunha das tecnoloxías punteiras con meirande proxección no ámbito das empresas de desenvolvemento TIC: a Intelixencia (...)
Ler máisA unidade de ciberseguridade de Telefónica lanza un detector de ameazas que garante a privacidade dos usuarios
ElevenPaths, a compañía de ciberseguridade parte de Telefónica Tech e vencellada tamén a unha estreita colaboración co centro galego Gradiant, vén de dar forma a un innovador detector de malware que respecta e garante a privacidade dos usuarios. Trátase de DIARIO, un novo concepto de loita contra a cibercriminalidade con capacidade para escanear e avaliar (...)
Ler máisBFAero captará sete novos proxectos con vehículos non tripulados até o 22 de outubro
A aceleradora Business Factory Aero (BFAero), integrada no Polo Aeroespacial de Galicia (no marco do Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia), atópase mergullada de cheo no proceso de captación da súa terceira convocatoria, un programa de emprendementto a través do cal seleccionaranse sete novos proxectos. En palabras do Goberno galego (impulsor da BFAero (...)
Ler máisSOGAMA ampliou con presenza en LinkedIn a súa acción en redes
SOGAMA, a Sociedade Galega do Medio Ambiente, incrementou este verán que deixamos atrás a súa presenza nas redes sociais. Máis polo miúdo, ampliou os seus horizontes dixitais (xa abertos previamente coa súa experiencia en Facebook e Twitter, nas que conta con 6.700 seareiros) cunha presenza propia en LinkedIn. Nesta comunidade dixital SOGAMA quere “iniciar (...)
Ler máisMedra a carteira de clientes de Euskaltel en todos os seus servizos
O Grupo Euskaltel, que integra as marcas Euskaltel, Telecable e máis a galega R, presentou esta semana os seus resultados de actividade relativos ao segundo trimestre de 2019. No informe, como dato destacábel de apertura, reflíctese “un cambio na tendencia de evolución do negocio” ao longo do devandito período. Euskaltel salienta o crecemento na base de (...)
Ler máisA galega Optare optimiza a operación de Oracle OSM na meirande firma tecnolóxica grega
A compañía tecnolóxica máis grande e referencial de Grecia, a operadora OTE Group, escolleu unha solución da empresa galega Optare Solutions para mellorar a prestación dos seus servizos de operacións. Trátase de OSM Butler, unha ferramenta que axuda aos equipos de soporte de operacións a resolver problemas de operacións diarias con Oracle OSM, a solución de (...)
Ler máisTelevés alíase co xigante tecnolóxico brasileiro Padtec
Televés, referente galego en infraestruturas de telecomunicacións, formalizou unha alianza con Padtec, o meirande fabricante de sistemas ópticos de transporte de América Latina, co obxectivo de situarse conxuntamente como un referente do sector nos mercados de Europa, Oriente Medio e (...)
Ler máisA animación e a realidade virtual, eixes dunha nova misión comercial inversa do CLAG
O Clúster Audiovisual de Galicia vén de celebrar un novo encontro con empresas do exterior: unha misión comercial inversa (con Galicia como destino, e non ao revés) para intercambiar experiencias e, sobre todo, para establecer alianzas arredor de novos proxectos. A reunión (xeiras de networking en formatos informais) celebrouse o pasado venres no marco do (...)
Ler máisA galega Avansig, gañadora global do South Summit na sección de mobilidade intelixente
Avansig, empresa de enxeñaría de software creada por investigadores ligados ao CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) e integrada no Cluster TIC de Galicia, vén de proclamarse gañadora na sección de Mobilidade Intelixente no evento South Summit Innovation 2017. E fíxoo coa solución Avansig Smart Drons, un desenvolvemento que permite aos (...)
Ler máisA consultora galega Vitae celebra 20 anos de formación tecnolóxica ininterrompida
A consultora tecnolóxica Vitae Consultores, referente a nivel galego e estatal da formación TIC actualizada para profesionais dos sectores innovadores (tecnolóxicos, industriais) está estes días de celebración: a conmemoración dos 20 anos de andaina do proxecto Vitae.
Ler máis0 | ... | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | 180 | 190 | 200 | ... | 880
