Ediciones Arcade, unha nova editorial especializada no mundo dos videoxogos

martes, 5 de agosto do 2014 Marcus Fernández

O sector dos videoxogos é actualmente a industria cultural de maior facturación, pero curiosamente goza de poucos libros sobre a materia, e para ocupar ese baleiro chega Ediciones Arcade, unha editorial que aspira a converterse na meirande editora en fala hispana especializada en videoxogos, para o que contan con numerosos profesionais comprometidos coa divulgación desta industria, para achegar ao público tanto novas obras como importantes títulos a nivel internacional (que prevén traducir ao español).
Ediciones Arcade estreou os prelos con ¿Qué es un videojuego?, libro do xornalista Isaac López Redondo, que analiza as chaves que fixeron do videoxogo o fenómeno cultural máis importante dos últimos anos. A este libro seguirano La Leyenda Final Fantasy VII de Nicolás Courcier e Mehdi El Kanafi, e La Historia de Nintendo Vol. 1, unha prometedora obra de Florent Gorges que repasa os primeiros anos da compañía de videoxogos máis famosa do mundo, concretamente de 1889 a 1980, describindo así a evolución dunha empresa que mudou dos xogos de naipes ás portátiles Game & Watch.


Vídeo promocional do libro ¿Qué es un videojuego?

PUBLICIDADE