Dous novos HP iPAQ con Windows Mobile 6.1

martes, 21 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Nun momento no que os móbiles gañan prestacións os dispositivos tipo PDA parecen non ter lugar no mercado polo que sorprende que Hewlett Packard presente novos HP iPAQ, pero resulta que se trata de móbiles intelixentes , xa que dende hai un ano o fabricante iniciou a converxencia entre o móbil e os seus terminais baseados en Windows Mobile.
Por unha banda aparece o HP iPAQ Voice Messenger, que presenta un teclado QWERTY tipo Blackberry, unha pantalla de 2,4 polgadas con retroiluminación LED e unha resolución de 320 x 240 píxeles. Tamén ten Wi-Fi, Bluetooth 2.0, GPS, cámara de 3,1 Mpíxeles con Flash e lector de tarxetas microSD (de ata 8 Gb), mentres que o HP iPAQ Data Messenger emprega unha pantalla táctil de 2,81 polgadas combinada cun teclado QWERTY completo deslizante.
Estes terminais terán un prezo de 399 e 499 euros respectivamente e comezarán a vender en Europa a finais de novembro.
Os dous dispositivos funciona con Windows Mobile 6.1 (incluíndo Microsoft Outlook Office Mobile para sincronizar contactos e anotacións co PC) e combinan telefonía móbil con acceso ao correo electrónico e características de GPS.

PUBLICIDADE