DotEmu tamén celebra as súas rebaixas de verán

luns, 5 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Tras un mes de xullo moi rico en rebaixas nas distintas tendas de descargas de videoxogos, a plataforma de xogos descargables sen DRM para PC, DotEmu, tamén celebra o verán con promocións, ofrecendo máis dun cento de títulos cun desconto mínimo do 50% e varios lotes exclusivos realmente interesantes como o SUMMER 2013 - Nordic Games Pack, por 9,99 euros ofrece os xogos Gothic Universe Edition, Spellforce 2 Gold Edition e Spellforce Platinum, o que superaría un desconto do 75%.
Por 9,99 euros tamén podemos facernos co atractivo lote IREM Arcade Hits que inclúe 18 xogos de recreativa dos anos 90 (entre os que destacan Kunf Fu Master, Hammerin’ Harry e R-Type Leo); por 3,75 euros podemos facernos con varios lotes de xogos para SEGA Megadrive (o que supón un aforro do 84,9%); e tamén é importante o desconto (un 76,7%) do lote de Jagged Alliance Classics, que por 5 euros ofrece as 4 entregas clásicas da saga de estratexia Jagged Alliance.

O IREM Arcade Hits inclúe clásicos de recreativa como Kung Fu Master

PUBLICIDADE