Desvelan os Xogos con Gold do mes de abril

martes, 30 de marzo do 2021 Marcus Fernández

Un mes máis Microsoft confirma o desinterese pola súa selección de Xogos con Gold para favorecer que os usuarios subscriban o Game Pass, e entre os xogos do mes de abril podemos ver títulos algo coñecidos, pero comercialmente irrelevantes.
Para Xbox One teremos o xogo de rol Vikings – Wolves of Midgard e o título de condución FIA European Truck Racing Championship, que son claramente produtos de segunda fila, mentres que entre os xogos de Xbox 360 que podemos gozar nas consolas posteriores grazas a retrocompatibilidade destaca Dark Void, unha aventura de acción editada por Capcom e que tivo certa relevancia no seu día, sen chegar a ser un grande éxito; pechándose a selección de xogos de abril cun xogo de acción de desprazamento lateral Hard Cops: Uprising, que agradecerán especialmente os afeccionados aos salóns recreativos nos que este xénero de xogos tivo o seu momento.

PUBLICIDADE