Desenvolven unha nova tecnoloxía holográfica baseada nun espello xiratorio

venres, 31 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O novo sistema holográfico presentando un TIE Fighter en 3D

Un grupo de investigadores da Universidade do Sur de California desenvolveu un sistema de proxección holográfica consistente nun espello xiratorio cuberto cun difusor holográfico, unha circuitería FPGA para decodificar vídeo DVI e un proxector de vídeo de alta velocidade que é capaz de simular unha imaxe tridimensional no hai que lembra ás películas de ciencia ficción de sagas coma Star Wars.


Vídeo de presentación do sistema de proxección holográfica

Para realizar tal efecto o sistema renderiza maís de 5.000 imaxes por segundo xa que crea 20 instantáneas por segundo por cada posición separada 1,25 graos (ou sexa, 288 posicións). Esta solución resulta moi elegante e convincente, aínda que dada a velocidade de rotación do espello poderiamos considerar que se trata dun trebello algo perigoso.

PUBLICIDADE