Descoñécese cando estará dispoñible o servizo de xogo na nube para PS4 en Europa
martes, 3 de setembro do 2013
O lanzamento das consolas de videoxogos de nova xeración
está a ser moito máis accidentado do que deberÃa, con cambios tácticos por
parte de Sony e Microsoft, e moita información mal comunicada por ambas partes,
de xeito que resulta moi difÃcil comparar ambas plataformas e saber o que
ofrecerán realmente, e agora un dos detalles que se pon en dúbida é a
posibilidade de xogar a tÃtulos de PlayStation 3 na PS4, pois iso serÃa posible
a través do sistema de xogo na nube Gaikai, adquirido por Sony, do que aÃnda
non se coñecen os plans de espallamento en Europa.
Nunha entrevista
a Jim Ryan, presidente e director xeral da división de lecer electrónico de
Sony en Europa para a revista Edge incÃdese na ausencia de Gaikai na pasada
celebración da Gamescom en Colonia, e Ryan detalla que non só non estará
dispoñible de lanzamento, senón que os plans de Sony consisten en lanzar o
servizo para PS3 nos EE.UU: ao longo de 2014, non existindo ningunha previsión
de datas sobre cando chegará a Europa.
Unha vez máis o público europeo recibirá unha nova xeración de consolas de
videoxogos con menos servizos en liña que os usuarios norteamericanos, aÃnda
que nesta ocasión non se limita a contidos audiovisuais (como acontece
habitualmente) senón que no caso de Sony afectarÃa aos xogos, algo que non
deixa en boa situación á compañÃa nipoa que tanto insistiu nesa prestación
cando presentou oficialmente a PlayStation 4.