Dende a USC traballan nun sistema que permita que uns robots aprendan de outros
mércores, 23 de xaneiro do 2008
- Prototipo de robot que fai de guÃa da Casa do Home
Un equipo de investigadores da Universidade de
Santiago de Compostela traballa no desenvolvemento dun proxecto centrado na
migración de comportamentos entre robots, que permita a reprodución de condutas
entre robots, para o que desenvolveron un prototipo que se
está a probar no Domus coruñés e que opera a xeito de guÃa de museo.
O proxecto está coordinado por José Luis Correa Pombo, que asegurou que «un controlador que realice unha tarefa para
un robot especÃfico non é facilmente portable a un modelo diferente de robot»,
e para facilitar o proceso o grupo de investigadores do Departamento de
Electrónica e Computación da USC pretende
reducir a intervención humana á hora de ensinar as súas novas tarefas a un
robot.
O sistema ideado compre cos 3 requisitos necesarios para lograr que funcione a
ensinanza de robot a robot: transmisión de coñecementos e comportamentos da
plataforma antigua, proceso rápido e autónomo, e representación dinámica do
contorno que permita readaptar o controlador do mesmo ó novo sistema sensorial
do segundo robot.