Crean unha rede social de mozos interesandos en triunfar no mundo da música

luns, 27 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Un grupo de mozos galegos de Vigo e A Coruña xuntáronse ó redor do servizo gratuíto de networking social Ning para crear a plataforma Esterea, que busca agrupar a xente interesada en triunfar no mundo da música.
Esterea permite que cada grupo/artista que se dea de alta poida contar cunha páxina personalziada coa súa información, así coma publicar vídeos, cancións e fotografías, podendo tamén crear grupos de opinión, discusión e mesmo o seu propio blog.
Contan tamén cun apartado común no que os membros poden escoitar a música dos demáis membros, ver os vídeos dos demais membros, pórse en contacto a través de foros para a busca de compoñentes, de locais de ensaio... e estar ó día nas novidades musicais máis impactantes.
Polo momento esta iniciativa é moi modesta e conta con poucos participantes, pero os seus responsables agardan congregar a moitos artistas nos vindeiros meses.

PUBLICIDADE