Coruña Bloggers volverá no marco da Mobile Week Coruña

luns, 29 de outubro do 2018 Marcus Fernández

A celebración da Mobile Week Coruña entre os días 21 e 28 de novembro, que contará con máis de 90 actividades na súa programación, suporá tamén o regreso dos encontros Coruña Bloggers, propio dos últimos mércores de cada mes, que de xeito excepcional celebrarán un par de sesións os días 26 e 27 de novembro (luns e martes respectivamente) ás 19:00 horas na Fundación Barrié.
Como é habitual, a xeito de entrada para estas citas os participantes poderán acudir con como mínimo 1 quilo de alimentos non perecedoiros que doaranse á Cociña Económica e, tras o encontro formal continuarase cunha sesión de networking nun local de hostalaría próximo. Desta volta, a inscrición ás actividades terá lugar a través da propia plataforma da Mobile Week Coruña.
O luns 26 intervirá como relatora principal Marga Gª Quijada, profesional dos recursos humanos e blogueira, quen impartirá unha charla sobre 7 beneficios de ter un blog (a miña experiencia persoal); completando a sesión Antonio Sangiao, quen iniciará un relatorio sobre como escribir de forma efectiva para Internet.
O martes 27 será Pilar Muíños, experta en protocolo e blogueira que abrirá a sesión cunha charla titulada Do persoal ao profesional. A evolución dunha blogueira afeccionada; continuando logo Antonio Sangiao coa segunda parte do seu relatorio sobre escritura efectiva para a Internet.
Cómpre advertir que a inscrición a dada unha das sesións deberá realizarse por separado.

PUBLICIDADE