Convócase unha nova edición de Evento Blog España

venres, 27 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Tralo éxito das dúas anteriores edicións do Evento Blog España, convócase para os días 14, 15 e 16 de novembro o EBE 08, que terá lugar no Hotel Barceló Renacimiento de Sevilla.
O encontro xa se considera como a grande cita dos blogueiros e a Web 2.0 en fala hispana e a segunda a nivel europeo, aspirando a xuntar a un milleiro de persoas (dobrando a asistencia da pasada edición).

A pasada edición acadou un grande éxito de asistencia

Xa se coñece o programa do evento, que atende a asuntos de interese para a blogosfera como a neutralidade da Rede, o español na Internet, a publicidade, as redes sociais, as repercusións da crise económica na Internet, a evolución dos blogs, os novos formatos ou mesmo o crecente fenómeno do usuario sempre conectado.
O EBE 08 está patrocinado pola Consejerría de Innovación, Ciencia y Empresa de la Junta de Andalucía e Microsoft España, e os interesados en acudir deben inscribirse o antes posible, pois este certame tende a cubrir as súas prazas a grande velocidade.

PUBLICIDADE