Confírmase a celebración de SIMO Network entre os días 22 e 24 de setembro

martes, 21 de abril do 2009 Marcus Fernández

Confirmando as informacións anteriores, presentouse o que será SIMO Network, unha versión renovada da feira tecnolóxica que se viña celebrando no IFEMA, que reconvértese nun evento de carácter exclusivamente profesional e cunha proposta de participación flexible que terá lugar entre os días 22 e 24 de setembro.
O evento quere servir para que os asistente poidan coñecer de primeira man a oferta tecnolóxica, e para a súa organización foi precisa a colaboración de 8 empresas moi involucradas no proxecto (Everis, HP, Microsoft, Oracle, SAP, SAGE, Telefónica e Vodafone), contando tamén coa colaboración de Unidad Editorial e IDG (colaboradores para a comunicación), AETIC e a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información a través de Red.es.
A participación en SIMO Network poderá facerse por 4 canles:
- un expositor de deseño libre durante a feira
- un expositor modular (chave en man) proporcionado por IFEMA
- relatorios no programa de conferencias
- eventos corporativos no marco da feira

PUBLICIDADE