Compostela acollerá en outubro unha xornada sobre blogs de moda e comercio electrónico

xoves, 12 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Entre os días 19 e 20 de outubro terá lugar a 1ª Xornada de Blogs de Moda e Comercio Electrónico que repartirá as súas actividades entre Lalín e o Centro de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, destacándose da mesma a participación dunha serie de blogueiras especializadas no sector da moda que administran espazos na web que superan os 9,6 millóns de visitas ao mes, o que serve para ilustrar o volume que está a tomar tal fenómeno na Rede. Aparte de blogueiras, o encontro tamén contará coa participación de expertos en marketing e comercio electrónico.
O evento vai dirixido a comunicadores nas novas plataformas sociais, empresarios (especialmente de PEME que entendan a necesidade de aproveitar a Internet dende os seus negocios), deseñadores e entusiastas do mundo da moda.
O sector empresarial estará presente na xornada a través de personalidades como Rosa Tous Oriol, directora de Relacións Institucionales en TOUS, Belén Andrés, Community Manager - Social Media Marketing en Privalia, Gabriel Aldamiz-Echevarría, cofundador Chicísimo.com, Carolina Ribalta Marchena, Online Communications Coordinator en Mango.com e Roger Graell, e-shop Manager para Europa en Mango.com; aos que se sumarán os expertos en comercio electrónico e redes sociais Carlos Otero Barros, director de Colímera Consultores S.L., Manuel Guerreiro Frade, Telco and Media en CA Technologies e Martín Ignacio Prieto, Socio Consultor en Bridged World S.L. Do ámbito blogueiro contarase coa participación directa de Alexandra (Lovely Pepa), Silvia García (Bartabac) e Gala González (Amlul) ás que se sumarán dende o público blogueiras de éxito como Bárbara Crespo (Bárbara Crespo), Dave (Chipless Fashion), Nuria (Like a princess by Kuka), Esther (Loca por los tacones), Priscila (My Showroom), Jessie Chanes (Seams for a desire), Leticia (The thinking Cat) e Antonio Jurado (Yo a Vogue y tú a California). Tamén estarán presentes as video-blogueiras Belén (B a la moda) e Miriam (Ladanena).
O programa provisorio do evento é como segue:

VENRES
· 12.00 h. Recepción coas autoridades de Lalín
· 12.30 h. Visita ao Concello de Lalín
· 13.00 h. Visita á empresa de moda: Guerral - Empresa téxtil galega
· 13.30 h. Cóctel
· 15.00 h. Traslado a Santiago
· 16.00 h. Check-in
· 16.20 h. Relatorio inaugural Amlul, Gala González
· 16.50 h. Relatorio: O Valor das redes sociais para as marcas
· 17.40 h. Mesa Redonda
· 19.10 h. Coffee break
· 19.30 h. Relatorio: O fenómeno Privalia
· 20.15 h. Degustación de viños galegos
· 22.00 h. Cocktail Party (por confirmar)

SÁBADO
· 10.00 h. Experiencia persoal, redes sociais, traballos con marcas e publicidade
· 10.30 h. Mesa redonda
· 11.40 h. Relatorio: Axilidade e flexibilidade no negocio. Cloud computing
· 12.20 h. Experiencia persoal, redes sociais, traballos con marcas e publicidade
· 12.50 h. Brunch
· 13.20 h. Tenda Online: orixe e beneficios
· 13.50 h. Internacionalización 2.0
· 14.30 h. Clausura de autoridades
· 14.50 h. Check-out

PUBLICIDADE