Compostela acollerá a primeira #Redada galega
mércores, 7 de marzo do 2012
Aproveitando
a celebración da segunda edición de NeThinking na Illa de San Simón, varios dos
participantes no encontro decidiron convocar a primeira #Redada en Galicia,
encontro que terá lugar o vindeiro venres de 19:30 a 21:00 en Baleiro, canlde
de produción de cultura contemporánea da Facultade de FiloloxÃa da Universidade
de Santiago de Compostela, no que se debaterá sobre a cultura e a creación na
era da Internet.
O evento busca afondar nos distintos xeitos de publicar contidos na Rede, o marketing orientado ao mundo cultural e
a busca da rendibilización de contidos. A adaptación dos creadores ao contorno
actual e aos novos hábitos dos consumidores tamén será un tema a tratar, e que
tocará tanxencialmente a temas tan actuais como as descargas e as implicacións
que terán lexislacións para a protección dos dereitos de autor e o copyright
como a Lei Sinde-Wert ou SOPA/PIPA.
Este encontro organizado por Antonio
Delgado, é de entrada libre ata completar aforo e xa ten confirmada a participación
de Juan Gómez-Jurado, Manuel Loureiro, Pedro Jorge Romero, Javier Pedreira Wicho e Adrián Hiebra.