Completan o corrector ortográfico de galego para OpenOffice

mércores, 4 de outubro do 2006

O paquete ofimático baseado en software libre, OpenOffice, avanza na súa incorporación do galego, de xeito que xa está totalmente traducido á nosa fala e conta tamén cunha nova versión do corrector ortográfico en galego, que incorpora máis 21 millóns de palabras, co que mellora substancialmente a súa versión anterior.
Tanto a tradución ó galego coma o corrector ortográfico se poden descargar xa da Internet, no que parece ser unha iniciativa de éxito que xa se saldou con máis de 9.000 descargas das anteriores versións dos paquetes de galego para OpenOffice.
Os avances galegos do OpenOffice debémosllos a Mancomun.org-Iniciativa Galega polo Software Libre, que é un proxecto promovido pola Consellería de Innovación e Industria a través dun convenio de colaboración co CESGA.

PUBLICIDADE