Comezan os despedimentos en Mancomún

martes, 15 de setembro do 2009

Dende A Nosa Terra aseguran que a Consellaría de Presidencia comezou a liquidación Mancomún, organismo público creado para o desenvolvemento do Software Libre en Galicia, de xeito que os seus empregados comezaron a recibir cartas de despedimento, descoñecéndose polo momento se o organismo desaparecerá ou manterase cun novo cadro de persoal (parecendo esta última opción a máis probable despois de que o Goberno autonómico anunciase que mantería o seu apoio á iniciativa).

PUBLICIDADE