Comeza en Pontevedra a terceira edición de Unirede

venres, 22 de novembro do 2013 Redacción

Esta mañá realizouse a apertura oficial da terceira edición de Unirede, evento dedicado ao social media e a tecnoloxía, a cargo de Carlota Román, concelleira municipal de Promoción Económica e Turismo, e Fidel Martín, coordinador do encontro. O acto desenvolveuse no Centro Social de Novacaixagalicia de Pontevedra.
Carlota Román destacou o uso que o Concello de Pontevedra está a realizar das redes sociais para a promoción turística da cidade e o seu posicionamento como destino de congresos. Afirmou tamén que se busca realizar accións eficaces á par que "axustadas ao presuposto actual das administracións".
Carlota Román estará de novo mañá sábado 23 ás 11:30 para presentar os resultados da campaña turística Where is Ravachol, que se desenvolveu durante este ano.
Fidel Martín, principal organizador do evento, recalcou o apoio que dende a Casa do concello se deu a Unirede para facelo posible na súa terceira edición.
Durante dous días, desenvolveranse relatorios e talleres centrados no uso profesional das redes sociais aplicados a diversos ámbitos empresariais, sendo posible facer un seguimento da xornada do sábado a través de streaming dende a propia portada da nosa páxina web.

PUBLICIDADE