Código Cero, mención de honra dos Premios INNOVA-G que se entregan este venres
xoves, 13 de outubro do 2011
O xurado dos Premios INNOVA-G vén de resolver
concederlle unha das Mencións de Honra dos devanditos galardóns, destinados a recoñecer
o traballo galego ben feito en materia TIC, ao Grupo Código Cero Comunicación,
responsábel, entre outras cousas, desta páxina web e máis da revista mensual do
mesmo nome, dous medios dende os que se trata de dar conta, de xeito accesÃbel,
da realidade tecnolóxico-dixital da nosa terra. As razóns deste recoñecemento,
que o equipo desta empresa agradece encarecidamente, veñen dadas sobre todo
polo noso esforzo a prol do afianzamento da Sociedade da Información, poñéndoa
en relación directa coa realidade galega e facendo fincapé no seu significado,
nas súas vantaxes e en todo o que pode facer para mellorar a calidade de vida
da nosa cidadanÃa. En definitiva, que vén dado en boa medida pola nosa loita
contra a fenda dixital.
- Edición de 2010 dos Premios INNOVA-G
Tal e como sinala o xurado, recibimos o galardón
porque ao longo da nosa andaina (dez anos de vida da web codigocero.com e case unha década da revista mensual do
mesmo nome, cousa que por certo imos conmemorar en breve) non deixamos en
ningún intre de contribuÃr a que se coñeceran na nosa terra e no mundo as nosas
empresas, entidades, produtos, servizos e proxectos TIC. A entrega deste galardón
materializarse este venres 14 a partir das 12.00 horas na sede de
NovaCaixaGalicia, emprazada na rúa do Vilar en Compostela.
Cómpre lembrar que os premios INNOVA-G veñen
da man da Asociación Galega de Empresas TIC, AGESTIC.
A convocatoria, a segunda, deuse a coñecer o pasado mes de setembro. Os Premios
INNOVA-G celébranse para recoñecer o talento e a valÃa das nosas empresas
tecnolóxicas e emprendedores, e que este ano medrou en candidaturas e calidade
das mesmas.
Estes galardóns non só lle serven ás firmas
que se presentan para dar a coñecer os seus produtos e servizos á sociedade,
senón tamén, e sobre todo, para que se recoñeza a súa humilde contribución ao
desenvolvemento da Sociedade da Información na nosa comunidade.
Ao mesmo tempo, trátase dunha gran
oportunidade para descubrir empresas galegas cun potencial incrible,
emprendedores tecnolóxicos cunhas calidades exemplares, servizos cunhas
prestacións inmellorables ou aplicacións desenvolvidas por firmas do paÃs que
nos poden axudar en materias tan dispares como a educación, a saúde, o lecer ou
a cultura...
Xa que logo, as categorÃas desta edición, un
total de sete, abranguen ámbitos moi amplos e moi dispares, que van dende a Mellor start-up galega ata a Mellor campaña social media, pasando
pola Mellor aplicación para dispositivos
móbiles.