Chuwi HiBox, un mini-ordenador que funciona con Android e Windows
luns, 5 de decembro do 2016
Para
que queira un mini-ordenador, tanto para usos ofimáticos lixeiros como para
empregalo como reprodutor multimedia de salón no que poder gozar dos contidos en
liña en pantalla grande, dende Chuwi están a comercializar un interesantÃsimo
equipo: o Chuwi
HiBox. Falamos dun ordenador cunhas dimensións de só 12 x 12 x 2,5
centÃmetros que agocha no seu interior un procesador Intel Z8350 (ou sexa, un
Atom X5) de 4 núcleos a 1,44 GHz, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas de memoria de até 128 GB), Wi-Fi N de dobre banda,
Bluetooth, Gigabit Ethernet, tima de auriculares, saÃda HDMI, 2 portos USB 2.0,
1 porto USB 3.0 e toma de auriculares.
Pero para moitos o máis importante deste ordenador de reducido tamaño é que
carece de ventilador (ou sexa, que ten un comportamento silencioso, o que agradécese
á hora de empregarse no salón), asà como o feito de que vén con figurado con
arranque dual, de xeito que pode alternarse entre os sistemas operativos
Windows 10 e Android 5.1, de xeito que combina a versatilidade dun ordenador
coa enorme cantidade de xogos e aplicacións orientadas ao audiovisual que ten
Android.
Amais, o equipo inclúe un mando a distancia con funcións de Air Mouse, ou sexa, que facilita un
control semellante ao do mando da Wii para poder mover o cursor en pantalla sen
precisar dunha superficie de apoio para o accesorio.
Resulta evidente que non estamos ante un equipo de grande potencia, pero será
dabondo para levar ao televisor infinidade de aplicacións, servizos de vÃdeo
baixo demanda e moitas outras funcionalidades, no caso de que queiramos
empregalo no salón, aÃnda que tamén ten o seu aquel para a súa colocación nun
monitor para ter unha especie de todo-en-un económico (xa que o HiBox pode
colocarse na parte traseira da pantalla, resultando practicamente invisible).
Pero o mellor deste equipo é posiblemente o seu prezo, xa que neste momento pode adquirirse
por menos de 130 euros, o que é un prezo axustadÃsimo para un produto que
fai moi doado acceder a aplicacións de escritorio informático tradicional e a
moitas outras aplicacións ás que estamos afeitos en smartphones e tabletas (en
moitos casos máis aptas para o televisor que as pensadas para ordenadores).
- O Chuwi HiBox pode resultar práctico para montar un equipo informático de sobremesa moi compacto