China promove a creación de cargadores universais para móbiles

martes, 2 de xaneiro do 2007

O Goberno chinés vén de aprobar unha nova regulación pola que os fabricantes de terminais de telefonía móbil deberán tomar medidas para que os seus cargadores sexan utilizables por parte de móbiles de calquera outra compañía, co que se pretende que se reduzan os custos dos teléfonos móbiles e da problemática que supón a existencia de distintos cargadores en función non só de distintas marcas senón incluso de distintos modelos de móbil.
Deste xeito, os 100 millóns de terminais de telefonía móbil que se venden cada ano en China non se traducirán na creación de 100 millóns de cargadores inútiles (que serían un elemento máis do lixo electrónico) e poderían supor un aforro para os consumidores de 2.400 millóns de iuans (231 millóns de euros).

PUBLICIDADE