Chega ás tendas españolas o xogo de Wii Pandora’s Tower

venres, 13 de abril do 2012 Marcus Fernández

Nintendo achega hoxe ao mercado español o videoxogo Pandora’s Tower, un novo xogo de rol xaponés do estudo Ganbarion exclusivo para Wii que completa o cada vez máis rico catálogo deste xénero para a consola doméstica de Nintendo (que nos últimos meses recibiu grandes títulos como The Legend of Zelda: Skyward Sword, Xenoblade Chronicles e The Last Story).
Este J-RPG de acción con mecánicas de hack and slash, conta a historia do soldado Aeron, que embárcase nunha aventura que o leva a un lugar coñecido como as Trece Torres, onde deberá derrotar a xigantes gardiáns para conseguir os seus palpitantes corazóns, que servirán como antídoto para unha maldición que posúe á súa moza, a sacerdotisa Helena. Ao estarmos ante un xogo de rol teremos que tomar distintas decisións que poderán levarnos a diversos finais.


Trailer de lanzamento do xogo

Pandora’s Tower completa o catálogo de xogos de rol que están actualmente dispoñibles para a Wii

PUBLICIDADE