Cartas Italianas convértese na primeira longametraxe galega en utilizar a Rede como plataforma de lanzamento

luns, 2 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

A pasada fin de semana o portal de vídeo da Axencia Audiovisual Galega, Flocos.tv, estreou Cartas Italianas, unha longametraxe dirixida por Mario Iglesias en 2007 que sería a primeira de Galicia en poder verse integramente na Internet.
Cartas Italianas foi rodada en só 15 días na illa da Palma en Canarias, cun orzamento modesto e sen subvencións. Gravouse en alta definición en italiano, galego e español, deixouse ver en distintos festivais, e seria a primeira longametraxe de factura galega en apostar pola Rede coma plataforma de lanzamento ao grande público.
A película narra o encontro entre 2 mundos opostos, dende unha perspectiva poética e intimista, nunha historia entre as que se entrelazan distintas liñas vitais, como as da fotógrafo italiana Eloísa e o camelo galego Atilano.

PUBLICIDADE