Capcom recupera varios xogos retro da Disney
mércores, 15 de marzo do 2017
Capcom
anunciou hoxe que o vindeiro 18 de abril porá á venda The Disney Afternoon Collection, recompilación
de videoxogos baseados en series televisivas da Disney emitidas nos anos 80 e
90 que foron adaptados para que, pese a ter gráficos
pixelados, poidan xogarse con solvencia en pantallas Full HD e, aÃnda que
se trate dun produto orientado aos amantes do retro, aseguran que os xogos tamén serán satisfactorios para novos
xogadores.
O lote de xogos venderase a 19,99 euros e estará dispoñible para PlayStation 4,
Xbox One e PC, incluÃndo os xogos seguintes: as dúas entregas de Chip’n Dale Rescue Rangers (Rescatadores en España), Darkwing Duck (Pato Darwing), TaleSpin e
as dúas entregas de DuckTales (Patoaventuras). Os seis xogos poderán
presentarse en pantalla con aparencia retro
e, para facerse máis accesibles (pois teñen a habitual elevada dificultade da
época) inclúese a funcionalidade Rewind,
que permite rebobinar o tempo para evitar a morte no xogo. Tamén ofrecen os
novos modos de xogo Boss Rush e Time Attack, que deberÃan animar aos xogadores
a gozar destes tÃtulos dun xeito máis completo.
VÃdeo promocional do lote de xogos que sairá á venda o mes que vén