CONECOM achegará o comercio electrónico a emprendedores e PEME

martes, 23 de abril do 2013 Marcus Fernández

Imaxe da primeira edición de CONECOM

Tras o éxito dunha primeira edición, mañá celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia a conferencia de comercio electrónico CONECOM, encontro profesional ao que aínda é posible inscribirse de balde que nunha sesión de mañá pretenderá achegar a PEME e novas iniciativas empresariais no comercio electrónico a formación e as ferramentas que axuden a facelas máis competitivas e fornecer así o tecido empresarial galego.
CONECOM repartirá as súas actividades en relatorios na súa sala profesional e obradoiros de traballo, que desenvolveranse en paralelo, e que contan con numerosos profesionais galegos impartindo estas actividades de grande utilidade para compañías de moi diversos sectores, que poden atopar na Internet unha canle de comercialización dos seus produtos e servizos en resposta á difícil conxuntura actual.
Os relatorios da sala profesional de CONECOM seguirán o seguinte programa:
· 9:30 – Introdución ao Comercio Electrónico – con Xosé Rivera de DobleClic
· 10:00 – M-Commerce: O comercio electrónico móbil – con Álvaro Gómez de A Navalla Suíza
· 11:00 – Descanso e encontro entre emprendedores, investidores e empresas de desenvolvemento
· 12:30 – Cobros e pagamentos en comercio electrónico – con Isaac Rubio de NovaGalicia Banco
· 13:00 – Publicitando a nosa tenda – con Daniel Cerqueiro de Abertal
Os obradoiros de traballo terán lugar no seguinte horario:
· 10:00 – Drop shipping – con Antonio Varela e Esteban Vázquez de Tesla Technologies & Software, S.L.
· 11:00 – Descanso e encontro entre emprendedores, investidores e empresas de desenvolvemento
· 11:30 – Software libre para o comercio electrónico – con Alberto Vázquez de OpenInnova
· 12:20 – SEO para o comercio electrónico – por Adrián Moreno de Zadia Software

PUBLICIDADE