Bruxelas volve a acusar de prácticas monopolÃsticas a Microsoft
luns, 19 de xaneiro do 2009
A
Comisión Europea remitiu a Microsoft un prego de cargos no que acusan á
compañÃa norteamericana de distorsionar o mercado dos navegadores de Internet
ao vincular o Internet Explorer ao sistema operativo Windows, o que «mina a innovación e
finalmente reduce as opcións do consumidor», dando a Microsoft 8
semanas para responder aos cargos.
Lembremos que Microsoft xa tivera que facer fronte a varias sancións por abuso
de posición monopolÃstica, aÃnda que nos casos anteriores era por evitar a
competencia nas aplicacións de reprodución multimedia, e agora son os
navegadores os que están no punto de mira da U.E., que ve coma Microsoft
domina o 86% do mercado, o que resulta rechamante porque practicamente
todos os fabricantes de sistemas operativos inclúen un navegador por defecto, e
nos últimos meses se comentou a posibilidade de que varios fabricantes
incorporasen de serie tamén o Google Chrome, xunto con outras aplicacións de
Google, compañÃa contra a que a Comisión Europea non está a emprender medidas
pese a que xa
controla máis da metade da publicidade da Internet, e case a totalidade das
buscas en paÃses como España, polo que poderÃa ser unha ameaza á competencia
moito maior que Microsoft.