Bq comercializa un tabletófono con pantalla de 5,7 polgadas
xoves, 21 de novembro do 2013
Bq está a consolidarse como un dos fabricantes que máis smartphones
vende no mercado español, polos seus produtos cunha boa relación
calidade-prezo, e atendendo ás tendencias do mercado, tras colocar no mercado
smartphones con pantallas de 3,5, 4,5 e 5 polgadas, sorprende agora cun de 5,7
polgadas, o bq
Aquaris 5.7, que está xa á venda por 259,90 euros e non só destaca pola súa
grande pantalla Full HD, senón que tamén ten son Dolby integrado, un procesador
de catro núcleos a 1,5 GHz para ter un bo desempeño, 2 Gb de RAM para facilitar
o uso de varias aplicacións de xeito simultáneo, 16 Gb de almacenamento interno
(ampliables mediante tarxetas microSD), cámaras de 13 e 5 MpÃxeles e unha
xenerosa baterÃa de 4.000 mAh (que deberÃa permitirlle navegar pola Rede ata 7
horas seguidas).
Este novo tabletófono tamén conta con tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo, LED
fÃsico de notificación, microUSB-OTG (o que permite que podamos conectar dispositivos
como un teclado, un rato ou unha memoria USB ao móbil), Bluetooth, MHL (para
ver os contidos do móbil no televisor), radio FM e, como toda a súa familia de
dispositivos, dobre SIM. O seu grosor é de só 10 milÃmetros e o seu peso é de
191 gramos (o que non parece excesivo por estar repartido nunha grande
superficie).